Mes do Deporte: Axenda 5ª semana
Logo dun mes intensivo de deporte, toca poñer fin á operación ponte en forma con As Cancelas. Nesta última semana do Mes do Deporte, poderás xogar ao fútbol, bailar e incluso os peques da casa poden ir á clase de Zumba Kids. Agardámoste!
Do 10 ao 15 de xullo
Motos: Na planta 1 podes gozar da exposición de motos que ofrece a Federación Galega de Motociclismo.
Fútbol: Presume da túa técnica na pista de fútbol co Club de Fútbol San Mamed. Agardámoste na primeira planta de 18 a 20 horas.
11 e 12 de xullo
Xadrez: Demostra a túa destreza xogando ao xadrez cos profesionais da Universidade de Santiago de Compostela. As partidas son na primeira planta de 18:00 a 20:00 horas.
12 de xullo
Karate: Aprende as técnicas de autodefensa desta arte marcial coa axuda dos profesionais do Club San Francisco Teo. As clases son na segunda planta de 18:00 a 20:00 horas.
13 e 14 de xullo
Disc Golf: Diferenciase do golf tradicional, porque en vez de empregar paus e bóla, utilízase un disco voador. Achégate a primeira planta de 18:00 a 20:00 horas e practica a túa puntería.
14 de xullo
Baile: A Escuela de Baile Tempos propón rematar este Mes do Deporte bailando na segunda planta a partir das 18:00 horas.
Zumba Kids: Os peques tamén teñen a súa clase de baile. A partir das 19:30 horas na segunda planta poden gozar da clase de Zumba Kids coa axuda da escola Priscilla Dance.