Mes do deporte: Axenda 4ª Semana
Goza das actividades deportivas que ofrece As Cancelas nas súas tres plantas. Do 15 de xuño ao 15 de xullo axudámosche a poñerte en forma. Agardámoste!
Do 3 ao 7 de xullo
Patinaxe: Goza da pista de patinaxe cos profesionais do Club Diver Patín de 18:00 a 21:00h na planta 1 do centro comercial.
3 de xullo
GAP: Unha clase perfecta para tonificar ‘ glúteos, abdome e pernas’. Agardámoste na planta 2 a partir das 19:00h.
4 de xullo
Bádminton: De 18:00 a 20:00h goza das incribles pistas instaladas polo Club Family Pádel Los Tilos na planta 1.
5 e 6 de xullo
Ximnasio para mulleres: As profesionais de Curves preparan o 5 de xullo dúas clases de adestramento de forza para mulleres na planta 1. Proba algunha das máquinas do seu exclusivo circuíto hidráulico e comproba como podes crear masa muscular, aumentar o metabolismo, queimar graxa e tonificar o corpo en tan só 30 minutos. É seguro, eficiente e eficaz para as mulleres de calquera idade e nivel de condición física. Anímate o día 5 de 12:00 a 14:00h e de 18:30 a 20:30h e o día 6 de 12:00 a 14:00h.
Taller de ballet e danza moderna: Vente e goza da danza máis clásica e da máis moderna da man dos profesionais de Balancé Escuela de Danza na planta 2 de 18:00 a 20:00h. A clase de ballet é o 5 de xullo e a de danza moderna o 6 de xullo.
7 de xullo
Aikido: Acércate á exhibición desta arte marcial de orixe xaponés ás 18:00h e fíxate ben nos movementos, porque despois hai un taller de 19:00 a 20:00h para aprender as técnicas de autodefensa da man da Asociación Galega de Aikido.
8 de xullo
Pilates: Mellora a túa condición física coa clase de pilates que ofrece Balancé Escuela de Danza. Agardámoste de 12:00 a 14:00h!
Danza: Goza dos movementos da danza con Balancé Escuela de Danza de 18:00 a 20:00h.