Mes do Deporte: Axenda 2ª semana
Acabáronse as escusas para facer deporte. En As Cancelas propoñémonos axudarche a poñerte en forma. Do 15 de xuño ao 15 de xullo, as tres planas do centro comercial acollerán múltiples actividades deportivas: zumba, fútbol, ioga, tenis…
Do luns 19 ao venres 22 de xuño
Tenis: Goza da pista de tenis instaladas polo Club Family Pádel Los Tilos, de 18:00 a 21:00h na planta 1. ( Prazas dispoñibles para os socios do Club de Celi. Se aínda non es socio, non te preocupes, podes inscribirte gratuitamente en calquera momento en As Cancelas.
Do mércores 21 ao domingo 25 de xuño
Motor: As Cancelas contará tamén cunha exposición co coche do piloto de rally Luís Penido, entre o martes 20 e o domingo 25 de xuño na planta 2. O piloto estará na planta 0, o sábado 24 de xuño, de 17:00 a 21:00 horas, para atender aos seguidores e firmar autógrafos.
Mércores 21 de xuño
Ximnasia rítmica: Na planta 2 teremos unha exhibición de ximnasia rítmica a partir das 18:30 horas, onde posteriormente, terá lugar unha clase na que poderán participar todas as persoas (aforo limitado).
Do xoves 22 ao sábado 24 de xuño
Minigolf: Toda a familia poderá probar a súa puntería no campo de minigolf que se instalará na planta 1 de 19:00 a 21:00 horas, coa colaboración de Aero Club de Santiago.
Venres 23 de xuño
Baile: Ven e goza do festival de baile da man da academia Pasito de Baile na planta 1 de 19:00 a 21:00horas.
Sábado 24 de xuño
Zumba solidario: A partir das 18:30 horas, a planta segunda será o escenario dunha gran clase de zumba impartida polos mellores monitores desta especialidade en Galicia, na que As Cancelas doará un kilo de produtos ao Banco de alimentos por cada participante.