Mamá meréceo todo
Mamá meréceo todo e en As Cancelas queremos facerlle un agasallo que nunca esquecerá. Por iso, dende o día 28 de abril e ata o 6 de maio, todos os tíckets de compra de máis de 20 euros poderán ser cambiados por participacións para gañar unha experiencia única. O 12 de maio, unha limusina recollerá á gañadora no seu domicilio para levala a As Cancelas e alí disporá dun cheque de 1.000 euros para gastar nos establecementos do centro comercial co asesoramento dunha personal shopper profesional. Ademais, tras rematar a xornada de compras a gañadora será obsequiada cunha cea en As Cancelas xunto a toda a súa familia no local de restauración do centro que escolla.
Calquera persoa poderá participar no sorteo pero o premio deberá ser gozado por unha nai, de modo que se pode participar para gañar ou ceder o premio a avoas, sogras, fillas, nais ou amigas, sempre que a beneficiaria acredite que ten fillos.
Para participar no sorteo será necesario presentar un tícket de compra por un importe mínimo de 20 euros (poden ser tíckets acumulables) realizada en calquera dos establecementos de As Cancelas entre o venres 28 de abril e o sábado 6 de maio (ambos os días incluídos, agás o domingo 30 de abril e o luns 1 de maio) en horario de luns a domingo de 10:30 a 21:00 horas. Só será posible facer un máximo de tres participacións por día persoa. Por cada 20 euros entregarase un boleto para o sorteo, dous boletos por cada 40 euros e a partir de 60 euros o máximo será de tres boletos.
O sorteo celebrarase o 6 de maio ás 21:00 horas no punto de atención ao cliente. Unha man inocente extraerá a papeleta gañadora e tres suplentes.
A comunicación ao gañador ou gañadora realizarase o 8 de maio e haberá tres días para reclamar o premio. O agraciado terá que acreditar obrigatoriamente que a persoa que gozará do premio é nai. Se o gañador non se presentase ou non se aceptase o premio no prazo de tres días dende a súa comunicación, pasará ao seguinte premiado.
Consulta as bases completas da promoción aquí.