Kit de emerxencias para solucionar pequenos contratempos

Publicado o 8 de Xullo de 2019

Sempre pensando en ofrecerche a mellor experiencia de visita en As Cancelas, engadimos á nosa carteira de servizos gratuítos un kit de emerxencias, que che servirá de axuda para solucionar pequenos contratempos como rozamentos, cortes ou feridas. Non deixes que nada arruíne a túa visita ao noso centro comercial, e solicita o teu kit se o necesitas no Punto de Atención ao Cliente de planta baixa, de forma totalmente gratuíta.

En As Cancelas, todo ten cura!