Halloween As Cancelas 2015
Halloween As Cancelas
Como cada 31 de outubro, chega a celebración de Halloween (tamén coñecido como Noite de Bruxas ou Día de Bruxas). O Centro Comercial As Cancelas quere celebrar esta festa cos principais protagonistas dela: os nenos. Temos preparadas varias accións que levarán a cabo durante a tarde do sábado 31 de outubro no propio centro comercial.
As accións, horarios e localización das mesmas son os seguintes:
- Contacontos en Inglés coa escola Kids&Us. De 18:00 a 18:30 h na Planta 2, Club de Celi.
- Taller de maquillaxe Halloween. De 18:30 a 20:00 h na Planta 2, Club de Celi.
- Taller de baile con IB Urban Dance Studio. De 20:00 a 21:00 h na Planta 2, Zona Cambalache.
Esperámosvos!