O Gran Escaparate xa ten dona!
Cristina Otero Raña foi o afortunada gañadora do Gran Escaparate das Cancelas. O seu boleto co número 6.513 coincidiu coas catro últimas cifras do sorteo da Lotería Nacional do pasado día 22 de decembro e levouse a casa o lote de agasallos, que incluía un televisor de última xeración, un ordenador portátil, un Ipad e unha consola de videoxogos PS4 entre outros moitos agasallos que sumaban un valor de 4.000 euros. Parabéns!