Goza da música en directo co concerto de Folk Suzuki!
Porque en As Cancelas sempre apostamos por actuacións de grupos locais para animar as túas xornadas de compras no centro, por iso esta fin de semana traémosvos un concerto de corda que che sorprenderá. Contámoscho todo!
Este venres 27 de maio, a partir das 19:30h, os nenos e nenas do grupo Folk Suzuki ofrecerannos unha magnífica actuación en compañía dos seus violíns, violas e violoncelos. Toda unha homenaxe á música folk da escola En Clave Método Suzuki.
Esperámote en As Cancelas!