Ven á gran gala final de Miss Grand Galicia
Este mes de maio, As Cancelas convertirase no escenario da gran gala final do certame de beleza feminina Miss Grand Galicia, un concurso no que se elexirá a representante da nosa comunidade na final nacional, Miss Grand España 2019.
O pasado mes de abril, tamén no centro comercial, tivo lugar o casting onde se seleccionaron as 28 finalistas do concurso, que agora competirán polo título de Miss Grand Galicia. A gala, que se celebrará na planta 2 de As Cancelas o próximo sábado 11 de maio ás 19:00 horas, contará cun xurado profesional que se encargará de elixir á nosa raíña da beleza galega. As gañadoras de Miss Grand Galicia 2018 e Miss Grand España 2018 estarán presentes durante a gala final, amenizada por un DJ e actuaciós musicais e de baile.
Ademais, recorda que necesitamos a túa axuda para elixir a Miss Grand Redes Sociais As Cancelas entre todas as finalistas do certame. Visita este enlace e poderás votar á túa consursante favorita para que sexa a flamante gañadora dun pack experiencia.
Esperámosvos en As Cancelas na cita de moda máis importante do ano!