Xa temos finalistas de II Xeración Kids As Cancelas!
O pasado domingo 23 de abril celebramos o casting para II Xeración Kids As Cancelas, ao que acudiron máis de 200 aspirantes chegados de toda Galicia que esperaban a cita cargados de ilusión. Os pequenos, de entre 4 e 12 anos, demostraron ter moito soltura e profesionalidade encima da pasarela, incluso os que se atoparon co evento de casualidade e se animaron a participar.
Aínda que todos os participantes fixérono fenomenal, só podían pasar á gran gala final 40 seleccionados, 20 nenos e 20 nenas. Logo de moito deliberar e tras unha difícil decisión polo alto nivel dos aspirantes, o xurado do concurso, formado por Alexis Pardo, director da axencia APN; Marta García, directora de cástines da mesma axencia; Alberto Uzal, fotógrafo de moda infantil; Fanny Rodríguez, coordinadora dun club de patinaxe artístico e Gonzalo Sotelo, organizador do evento, xa elixiu aos finalistas que desfilarán o próximo día 29 de abril.
Nenas seleccionadas
Nenos seleccionados
Agora só queda gozar da gran gala final que celebraremos este sábado 29 de abril, da que sairán o neno e a nena que protagonizarán as nosas próximas campañas, e na que teremos música, actuacións e sorpresas para que o desfile dos pequenos modelos convértase nunha festa. Agardámosvos a todos!