Fin de semana de diversión no Show de Celi

Se pensabas que ibas quedar sen a mellor diversión no Show de Celi, traémosche moi boas novas! Antes de comezar a tope coa nosa programación de Nadal, a nosa mascota preparou unha fin de semana para que todos os nosos visitantes o pasen en grande durante a súa visita a As Cancelas.
Coma sempre, as actividades serán o venres e o sábado ás 19h na ludoteca da segunda planta. Toma nota da nosa programación!
- Vernes 1 de decembro: Espectáculo de maxia co Mago Román
- Sábado 2 de decembro: Música para toda a familia con Chuches Amil
Agardámoste!