Fashion Night 2017: estás convidado!
Por quinto ano consecutivo, chega a As Cancelas o gran evento da moda e as tendencias da tempada de outono. E é que o próximo venres 20 de outubro festexamos a Fashion Night 2017, unha noite cargada de moda, descontos, música e espectáculos, que nesta edición contará con Alaska como mestra de cerimonias.
A mítica cantante de Fangoria, e unha das mulleres máis emblemáticas da música española, farase fotos con todos os seus fans ás dez da noite nun photocall localizado na planta segunda do centro comercial. A partir das 23:30 horas, na mesma planta, Alaska picará a súa música para animar a todo o público que nos visite.
Pero non será a única que se escoite durante a xornada. Djs de primeira fila como Paulo Regueiro de 40 e Dj Silvia Neytiri, sumaranse a unha xornada na que haberá descontos, actuacións, obradoiros de maquillaxe, degustacións e moitas sorpresas máis.
As tendas abrirán ata a medianoite, e sortearemos entre todos os asistentes 4.000 euros en vales de 20 euros para gastar nos establecementos colaboradores. Recolle o teu boleto na entrada principal do centro comercial a partir das 16:00 horas, e manteno ben gardado ata as 21h, momento no que se celebrará o gran sorteo.
Ademais, haberá actuacións de baile, hip hop, zumba, bailes latinos, un obradoiro de bachata, e contaremos coa presencia del event Red Bull na porta principal. Como non queremos que ninguén se perda a nosa gran festa da moda, teremos un autobús-lanzadeira gratuíto que recorrerá de forma continua a ruta entre a Praza Galicia e o centro comercial, desde as seis da tarde á unha da madrugada.
Valo perder? Agardámoste!