Facédenos grandes e queremos premiaros
Recentemente, e grazas a vós, superamos os 25.000 seguidores en Facebook, os 5.000 followers en Twitter e o cliente 14.000.000 no centro comercial. Por iso, este mes de xullo queremos premiarvos polo voso apoio cunha magnífica Tablet Samsung Galaxy Tab 4. Queremos que calquera persoa poida optar ao premio. Por iso decidimos que imos sortear a tablet, de forma que os requisitos estean ao alcance de todos eles.
Para poder participar é moi doado: podedes facelo tanto dende Facebook coma dende Twitter. Inscribirvos na aplicación do concurso dende o 6 ata o 26 de xullo, e invitade aos vosos amigos para que participen. No momento en que finalice o concurso, as dez persoas que máis amigos recrutasen entrarán no sorteo do premio anteriormente mencionado.
BASES DO SORTEO “Facédenos Grandes e Queremos premiaros”
1. O sorteo terá lugar, dende o luns 6 de xullo ata o domingo 26 de xullo, nas redes sociais Facebook e Twitter.
2. É obrigatorio ser seguidor en redes sociais do Centro Comercial As Cancelas, ben mediante Facebook, ben a través de Twitter. No caso contrario, o participante quedará excluído do premio.
3. A participación de menores de idade está suxeita á autorización de pai, nai ou titor/a legal.
4. O premio é unha Tablet Samsung Galaxy Tab 4 de 8″ Wifi, valorada en 170 €.
5. MECÁNICA DA INSCRICIÓN:
1. Inscribirse no sorteo mediante a aplicación dispoñible en https://www.facebook.com/AsCancelas, no caso de Facebook, ou mediante o uso do hashtag #TabletAsCancelas, en Twitter.
2. Invita a un mínimo de tres amigos a que participen no sorteo.
3. Ao finalizar o prazo, se estás entre os 10 que máis amigos trouxeron ao sorteo poderás optar ao premio.
4. E nada máis. Así de doado.
6. O gañador do sorteo será publicado nas nosas contas de Facebook e Twitter a partir do día 27 de xullo. Contactaremos co gañador e dispoñerá dun prazo de 72 horas para recoller o premio persoalmente no Centro Comercial As Cancelas. Transcorrido este prazo, o premio pasará ao primeiro en reserva.
7. O gañador do premio ten que facerse unha foto con carácter obrigatorio no momento da recollida do premio. Esta foto será publicada en redes sociais para felicitalo.
8. O premio non poderá ser cambiado polo seu valor en metálico en ningún caso.
9. Non hai límite no número de participantes.
10. O centro comercial resérvase o dereito de calquera modificación ou cambio do programa establecido nestas condicións.
Anímate a participar.