Exposición: Vía Láctea, guía de peregrinos a Galicia
A exposición Vía Láctea: guía de peregrinos a Galicia volve a Santiago despois de exhibirse na Casa de Galicia en Madrid. Do 3 de decembro ao 9 de xaneiro, acolleremos en As Cancelas 25 fotografías en grande formato que amosan a beleza dos ceos galegos ao longo do Camiño de Santiago.
Esta mostra, que é totalmente gratuíta, está deseñada por Alfonso Freire, editor do libro Galicia, un lugar máxico para contemplar as estrenas, e pola escritora e catedrática de Matemáticas, María Victoria Veguín Casas.
Para todo aquel que queira gozar duns espectaculares ceos estrelados, a exposición estará situada na planta 1 do centro comercial, na zona frente a Stradivarius e Zara.
Agardámosvos!