Exposición de moda e deseño de xoias do certame Xuventude Crea
O talento creativo dos mozos galegos chega a As Cancelas, coa exposición dos traballos dos finalistas de Xuventude Crea, nas categorías de moda e deseño de xoias. Será do 12 ao 20 de novembro cando poderemos gozar das creacións dos 16 mozos que conseguiron coarse na final da edición 2019 do certame de creadores, que estarán expostas na planta 1 do centro comercial.
Este programa, impulsado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, ten como obxectivo incrementar as posibilidades dos novos valores da arte galego, facilitándolles un espazo no que o novos poden exercitar as súas habilidades, poñer en marcha os seus proxectos innovadores e impulsar a súa posible proxección e inserción profesional futura.
Finalistas na especialidade de Deseño de Xoias
- MIGUEL REY FACHADO – Colección Dreams
- ONÉCIMO BETANCES GÓMEZ – El panal enjaulado
- DAVID RAUCH SAAVEDRA – Plantas fantásticas
- ADRIANA OLVEIRA REGO – Nimbos
- ANTÍA LEAL LÓPEZ – La vie est belle
- SERGIO PAZOS MANEIRO – Mares de prata
- ALEXANDRO CASTAÑÓN VILARIÑO – Axóuxeres
- CLAUDIA ESTÉVEZ GALLEGO – Nipona
- ELENA VÁZQUEZ SOUTO – Fagus sylvatica
- MARA PLACES PÉREZ – Ronsel
Finalistas na especialidade de Moda
- MARTA DEL RÍO MOLDES – Orquídea
- ALBA VIDAL PAZOS – Eva00
- NOELIA TOJEIRO RAMIL – Tomba
- LAURA RODRÍGUEZ LISTE – Transcendental
- ANDY GONZÁLEZ – Fortitude
- ÁNGEL LÓPEZ PÉREZ – The Messengers