Estreamos servicio: bolsas reutilizables para as túas compras!
En As Cancelas traballamos constantemente para facer que a túa visita ao centro comercial sexa o máis cómoda posible grazas a unha ampla oferta de servizos gratuitos.
A nosa nova incorporación á lista de servizos que podes gozar en As Cancelas é unha bolsa de algodón reutilizable para facer as túas compras máis sostibles. Desta maneira, amosamos o noso compromiso co coidado do medio ambiente axudándote a reducir o consumo de bolsas de plástico. Se precisas a túa, tan só terás que solicitala no Punto de Atención ao Cliente presentando un ticket de compra de 50€ ou máis de calquera das nosas tendas.