Estreamos un novo punto selfie 100% galego

Se te preguntásemos cal é a túa palabra favorita en galego, tes claro o que responderías? Nós non. Existen tantas opcións que facer unha elección única é moi difícil. Pero o que si temos claro é que as nosas letras teñen que estar presentes e facernos sentir orgullosos sempre, máis aló do seu día grande, o próximo 17 de maio.
Por iso, instalamos na primeira planta do centro comercial (xunto a Smooy) un espazo selfie onde as protagonistas son algunhas das palabras máis bonitas da nosa lingua, como bolboreta, agarimo, morriña, bico ou riquiño. Para que sempre que nos visites poidas revindicar o sentimento 100% galego que tanto nos une. E ollo porque… facelo ten premio!
Do 12 de abril ao 17 de maio, entre todas as persoas que suban a Instagram a súa foto co espazo selfie de fondo, sortearemos unha estancia nun aloxamento rural de ilusión situado en O Pino. Queres participar? Tan só tes que:
- Saca unha foto ou fai un video no noso punto selfie.
- Comparte o contido nos teus stories de Instagram mencionando a @ascancelas e o hashtag #100por100galegos.
- Se o teu perfil non é público, lembra enviarnos unha captura por mensaxe directa do teu story para que a participación quede rexistrada.
E xa estás dentro do sorteo!
GAÑADORA
- @nuriafv92 (Instagram)