En As Cancelas sumámosnos á mobilidade sostible cun novo servizo

Publicado o 2 de Xullo de 2020

Eres dos que nos visita a bordo do seu flamante patinete eléctrico? Se é así, estás de sorte, porque estreamos un novo servizo en As Cancelas perfeto para ti: un parking especial para patinetes eléctricos.

Ademais de poder deixar o teu patinete a bo recaudo mentras fas as túas compras, poderás cargalo totalmente gratis para volver á casa coas baterías a tope.

Este novo servizo está situado na entrada principal do centro comercial e o seu uso é moi sinxelo: só terás que cargar o teu patinete na taquilla e conectar o teu cargador ao enchufe que atoparás dentro. A continuación, cerra a porta da taquilla, introduce un código persoal de 4 díxitos e pulsa a tecla de confirmación. Terás que xirar o pomo para pechar a taquilla e, moi importante, comprobar que quede ben pechada.

Á hora de marchar, terás que introducir de novo o código de 4 díxitos na taquilla e o pomo xirará automáticamente para poder abrir a porta.

Apúntaste á mobilidade sostible?