Estreamos nova zona estancial con materiais reciclados
En As Cancelas temos moi interiorizado o noso compromiso co medio ambiente, por iso, aproveitamos a celebración do Día do Medio Ambiente deste ano para estrear unha nova zona estancial realizada a partir de materiais reciclados, como palés, taboleiros con fibras recicladas de madeira e bobinas de cable eléctrico.
Esta nova zona de descanso, situada en planta 1, súmase a outra de iguais características que inauguramos no ano 2017 na mesma planta, e que tamén está fabricada con material reciclado, neste caso, con perchas, rodas e palés.
A partir de agora, todos os que nos visitedes teredes á vosa disposición unha nova zona de descanso para gozar aínda máis da vosa estancia en As Cancelas.