Este verán, ven divertirte ao Celipark!

Un ano máis, en As Cancelas teremos o plan máis divertido do verán. Desde o 30 de xuño, o Celipark volve ao noso parking exterior coas atraccións de feira máis populares como un carrusel de dous pisos, treneciño, camas elásticas, toro mecánico… todo o necesario para que os peques da casa o pasen en grande!
O horario do parque de atraccións da nosa mascota Celi será:
- De luns a sábado, de 12 a 14:30h e de 16 a 21h.
- Domingos, de 16 a 21h.
As fichas para poder facer uso das atraccións poderán adquirirse no despacho de billetes do Celipark. Cada ficha individual costará costará 3€, pero tamén se poderán adquirir packs de fichas: cinco fichas por 10€ e 12 fichas por 20€.
Este verán, a diversión está asegurada no Celipark!