Este San Valentín, dillo con bicos no noso Punto Selfie!

O noso Punto Selfie vístese de gala este San Valentín para que poidas facer unha declaración de amor ao grande en As Cancelas.
Si si, como les: o noso espazo selfie na planta baixa do centro comercial, xunto a Fundas Inspiral, xa está preparado para que sexas o protagonista das mellores fotos e vídeos dicíndolle á túa parella, un familiar ou o teu mellor amigo, o moito que os queres cunha chea de bicos.
Ademais, a túa foto ou vídeo pode ter premio, porque sortearemos un cofre experiencia valorado en 120€ entre todos os que suban a súa foto a Instagram Stories e nos mencionen en @ascancelas.
O vindeiro luns 19 de febreiro de 2024 anunciaremos o nome da persoa gañadora a través dos nosos perfís de redes sociais. Así que non esquezas compartir a túa foto connosco!
Gañadora
@rocioblanco49