Este 2023… volvemos á carga na Casa de Celi!

Que mellor maneira de dar a benvida ao 2023 que cunha boa ración de diversión sen precedentes? En efecto, acertaches! Referiámonos ás fantásticas actividades da nosa ludoteca infantil, que volven á carga este mes de xaneiro para ofrecer a máis pura diversión aos nosos pequenos visitantes.
Así que, lembra: todos os venres e sábados de xaneiro tes unha cita na Casa de Celi cunha programación de 10. Queres descubrila? Toma nota!
Venres 20 de xaneiro
Espectáculo Nanomagias co Mago Román. Ás 18h.
Sábado 21 de xaneiro
O pallaso Rony Macarroni. Ás 19h.
Venres 27 de xaneiro
Espectáculo Pícaro Maxias. Ás 19h.
Sábado 28 de xaneiro
Exhibición de baile da escola Danzaya. Ás 18h.
Ven divertirte a As Cancelas!