Entroido As Cancelas 2016
Concursos de disfraces, maxia, música e humor no gran entroido das Cancelas.
O centro comercial compostelán ofrece múltiples actividades para toda a familia desde o venres 5 ata o mércores 10 de febreiro.
Todas as actividades son gratuítas e celebraranse na segunda planta a partir das seis da tarde.
Achégase o Entroido e As Cancelas prepara unha gran festa de disfraces e múltiples actividades para gozar destas datas tan tradicionais en Galicia. A partir do venres 5 de febreiro, na segunda planta do centro, programáronse espectáculos e talleres para toda a familia que comezarán cun taller de maquillaxe para completar os nosos disfraces.
O día 6 terá lugar a gran festa, amenizada polo espectáculo Falabaratas e a charanga TNT, con concurso de disfraces, no que se entregarán premios en catro categorías: premio ao mellor disfrace, premio ao disfrace máis orixinal, premio á mellor interpretación e premio ao disfrace máis simpático. Os premios para cada unha das categorías serán os seguintes:
– Mellor disfrace: Nintendo 2DS + xogo Tomodachi life
– Máis orixinal: Scalextric compact max speed
– Mellor interpretación: Princesa Sofía e Raíña Elsa de Frozen
– Máis simpático: Minion interactivo (Rock n´roll Stuart)
O domingo día 7 será o momento da música, cun concerto de entroido ofrecido por alumnos do método Suzuki, o famoso sistema de ensino que aplica os principios básicos da adquisición da linguaxe á aprendizaxe da música.
O luns 8 chega o humor e a maxia co gran espectáculo infantil de Rebo e Rufus e ás oito da tarde será o momento de participar nun divertida flash mob. A música da discoteca móbil será a protagonista o martes 9 e o mércores 10 os máis pequenos poderán gozar do gran inchable das Cancelas como colofón destes días carnavaleros.
Todas as actividades empezarán ás 18.00 horas na segunda planta das Cancelas.