Entrega a túa carta ás súas Maxestades os Reis Magos!

Publicado o 27 de Decembro de 2021

E agora que Papá Noel volveu ao seu fogar no Polo norte, unha nova ilusión xorde nas mentes de todos os nenos e nenas da cidade… A ansiada chegada dos Reis Magos! Que nos traerán o próximo 6 de xaneiro?

Pero antes de comezar a súa viaxe repartindo agasallos a todos os pequechos do mundo, virán de visita a As Cancelas para que poidades coñecelos persoalmente! Emocionante, verdade? Tomade nota: Do 2 ao 4 de xaneiro, en horario de 12 a 14h e de 17:30 a 20:30h, pasádevos polo centro comercial e vide visitar ás súas Maxestades os Reis Melchor, Gaspar e Baltasar, que se turnarán para coñecervos a todos!

Xa tedes preparada a carta?