En As Cancelas, ninguén sen mascarilla!

Publicado o 24 de Setembro de 2020

A mascarilla vén de converterse no complemento imprescindible nos últimos meses, por iso en As Cancelas poñemos á túa disposición mascarillas reutilizables e personalizadas ideias para cando veñas de visita ao centro comercial. Temos modelos para todos os públicos, para adultos e tamén para nenos e nenas.

A partir do 24 de setembro, presenta os teus tickets de compra de dous ou máis establecementos do centro comercial por valor igual ou superiores a 50€ no Punto de Atención ao Cliente e consigue unha das nosas mascarillas, que estarán dispoñibles ata fin de existencias. Poderás elixir entre o modelo para adultos, personalizado co logo de As Cancelas, ou o modelo infantil, perfecto para todos os nenos e nenas fans da nosa mascota Celi.

As mascarillas cumpren coa norma UNE-EN 14683:2019 + AC:2019  e a especificación UNE 0065:2020, contan cun 95% de eficiencia de filtración bacteriana e aguantan ata 25 ciclos de lavados. Ademais, están feitas en Galicia!

Date presa antes de que quedes sen a túa!

BASES LEGAIS