En As Cancelas a volta ao cole, é de 10!
Si, si, setembro xa está aquí e con el chega tamén a volta ao cole dos peques da casa. Mochilas, bolis, lapiceiros, roupa… hai tanto que mercar durante este mes para equiparse para o novo curso!
Desde As Cancelas queremos botaros unha man para que este ano a volta o cole sexa de 10 e, por iso, poderás conseguir fantásticos agasallos coas túas compras para que os nenos e nenas conten con todo o necesario para comezar o curso con máis ganas ca nunca.
Participar é moi sinxelo: do 1 ao 3 de setembro, presenta os teus tickets de compra de 20€ ou máis no Punto de Atención ao Cliente e descubre ao momento se levas algún dos nosos premios directos. Ademais, só por participar, conseguirás un lapiceiro personalizado da volta ao cole, ata fin de existencias.
Moita sorte!