Doa sangue o próximo 24 de xaneiro en As Cancelas!
Sabías en que Galicia necesítanse entre 400 e 500 doazóns de sangue ao día para atender urxencias e intervencións cirúrxicas? E que as doazóns de sangue son imprescindibles para tratar moitas enfermidades?
Se queres achegar o teu gran de area, o luns 24 de xaneiro de 9:30 a 14:30h e de 15:30 a 21h, contaremos cunha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue de Galicia na entrada principal de As Cancelas, para que todo o que queira poida achegarse a realizar a súa doazón.
Lembra que para poder doar, debes ser maior de idade, pesar máis de 50 quilos e non padecer enfermidades transmisibles polo sangue. Ademais, non se debe acudir en xaxún e despois de comer ao mediodía, recoméndase esperar dúas horas. Se queres saber un pouco máis acerca dos requisitos para doar, fai click aquí. Non esquezas traer a túa tarxeta de doazón, DNI ou documento acreditativo de identidade similar!
Se solidario, doa sangue!