Divírtete coa nosa fantástica festa da espuma!

Cheirades iso? É o cheiro do verán entrando polas nosas xanelas? É o aroma da felicidade que desprenden os nenos e nenas porque xa se terminou o cole? NON! É a fragrancia que desprende a sorpresa que estamos a piques de darvos. Non a podes perder!
O mércores 28 de xuño, a partir das 18h, o noso aparcadoiro exterior acollerá a celebración máis divertida do verán: a festa da espuma! Lembrades o ben que nolo pasamos o ano pasado? Este ano será mesmo mellor! Porque, ademais, traeremos unha chea de atraccións infantís para que os reis e raíñas da casa o pasen fantásticamente ben. Totalmente gratis!
Lembra traer muda limpa, toalla, chanclas e protección solar para os máis peques.
Dáme verán, dáme diversión en As Cancelas!