O Día do Medio Ambiente reciclamos… e estreamos
Con motivo da celebración do Día Mundial do Medio Ambiente o 5 de xuño, aproveitamos para estrenar unha nova zona estancial, realizada por completo con distintos materiais reciclados como perchas, rodas e palés.
Coa apertura desta zona estancial, As Cancelas dá un paso máis no seu compromiso co coidado do Medio Ambiente, á vez que pon a disposición dos seus visitantes unha nova zona de descanso para que gocen aínda máis da súa estancia no noso centro comercial.