Día do Libro: ensinámosche a cocinar libriños comestibles
Aínda non tes plans para celebrar o Día do Libro cos máis peques? No Club de Celi, facémosvos unha proposta que seguro que lles encantará. Como sabemos que durante as longas tardes de lectura adoita entrar unha fame voraz, preparamos un taller online que de seguro espertará as ganas de ler e de merendar (as dúas á vez) dos máis pequenos da casa. Queres aprender a preparar os libriños comestibles que vés na imaxe? Vai preparando o mandil mentres che deixamos a lista de ingredientes que imos necesitar.
Ingredientes:
Tortitas de millo
Liscos de xamón york
Liscos de queixo
Manteiga
Rotuladores comestibles
Xa tomaches nota? Agora só necesitas buscar unhas tesoiras e un coitelo por casa para poder montar os librillos como o fai a nosa compañeira e chef Saray. Non dubides en mandarnos os resultados das vosas receitas a través do noso Facebook e Instagram!
Dálle ao play!
https://youtu.be/_wvNQ9WLZ0M