Regalamosche bombóns para mamá cos teus tickets de compra
O regalo máis doce para mamá témolo en As Cancelas! Falta pouco para o seu día especial e queremos que todas as nais teñan o seu regalo con todo o amor porque… mamá, molas un bombón!
Un doce sempre alegra o día e unha caixa de bombóns alegra a semana. Queres felicitar o Día da Nai do xeito máis doce?:
- Presenta no Punto de Atención ao Cliente un ticket de compra de 20€ ou máis e levarás gratis unha caixa de bombóns para mamá.
- Consíguea antes de que se esgoten. A promoción é válida ata fin de existencias!
Dende o 28 ata o 30 de abril (ou ata fin de existencias) poderás conseguir o teu regalo no Punto de Atención ao Cliente en horario de 10.30h a 21.00h.