Desfruta do verán no CeliPark!
O 26 de xullo chega a As Cancelas CeliPark, un gran parque de xogos que combina unha gran exposición de dinosauros no interior e exterior do centro e atraccións ao aire libre situadas no aparcadoiro exterior.
Desde o mesmo día da inauguración e ata o 20 de setembro, os nosos pequenos visitantes poderán descubrir en familia o extinguido mundo jurásico a través dunha gran exposición que inclúe un Brachiosaurus de case 20 metros de alto situado no aparcadoiro exterior, un dinosauro de máis de nove metros que se colocará na entrada principal do centro e sete escenografías máis con distintas especies distribuídas polo interior do centro comercial.
Ademais, no aparcadoiro exterior situaranse as atraccións de feira preferidas dos máis pequenos: as camas elásticas, o carrusel, un scalextric… e moitas outras coas que llo pasarán en grande. O seu horario será de 12:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 22:00 horas.
As fichas para acceder ás atraccións poderán adquirirse nas mesas, e o seu prezo será de 2€ por ficha, pero haberá dispoñibles bonos de 3 fichas por 5€ e de 8 fichas por 10€.
Todos os nenos e nenas son benvidos a gozar do CeliPark, pero se ademais pertencen ao Club de Celi, os martes poderán gozar da promoción 2×1 en fichas para as atraccións. As fichas asociadas a esta promoción só poderan usarse os martes. Os nenos e nenas que aínda non son socios do Club, poderán formalizar a súa inscrición de forma gratuíta en calquera momento a través desta ligazón ou no Punto de Atención ao Cliente do centro comercial.
Ademais, se presentas os teus tickets de compra de 2 establecementos diferentes do centro por un importe igual ou superior a 20 euros no Punto de Información, poderán trocalos por fichas gratis para as atraccións. Só se poderá canxear un máximo dunha ficha por persoa.
BASES LEGAIS: http://bit.ly/2MpfkGc