Deichmann chega a As Cancelas
O Centro Comercial As Cancelas amplía a súa oferta en calzado e accesorios coa próxima apertura do primeiro establecemento deDeichmann en Santiago de Compostela (A Coruña) e o terceiro da Comunidade galega. O acordo alcanzado por Carmila co operador de orixe alemá supoñerá a chegada da cadea de zapatería número uno en Europa, ademais dunha das firmas máis recoñecidas en todo o mundo pola calidade dos seus zapatos.
O novo punto de venda, que dispoñerá de 560 m2 de superficie, contará coa máis completa proposta en calzado para todos os públicos. Entre os seus produtos destacan as marcas propias da firma (Graceland, Catwalk e 5th Avenue para muller, e AM Shoes e Memphis One para home), así como unha gran variedade de firmas deportivas que Deichmann tamén comercializa (Adidas, Puma, Nike, Fila,Kappa, Reebok, Lle Coq Sportif, etc.).
Este acordo representa un paso máis no constante labor de renovación comercial que As Cancelas -centro propiedade de Carmila e Realia- desenvolve para manter a súa posición como líder na área compostelá.