Cumprimos 7 anos e celebrámolo ao grande!

Este mes cúmprese xa sete anos desde que As Cancelas abriu as súas portas en Santiago de Compostela por primeira vez para converterse no espazo comercial e de lecer de referencia do centro de Galicia. E para celebralo, do 21 de novembro ao 1 de decembro preparamos unha completa programación de actividades gratuítas e para todos os públicos, o sorteo dun escaparate con agasallos valorados en 3.000 euros e a mellor noite de compras de Black Friday. Ademais, o 30 de novembro daremos a benvida ao Nadal co aceso da iluminación especial e un concerto de gospel. Apúntaste?
Sorteo Gran Escaparate
Durante os once días de celebración do aniversario, as túas compras poden axudarche a conseguir un gran escaparate de agasallos valorado en 3.000€. Para participar no sorteo, tan só tes que trocar os teus tickets de compra por participacións. Por cada 10 euros de compra en calquera das nosas tendas e locais entregarase un boleto. O sorteo será presencial e celebrarase o domingo 1 de decembro, festivo no que abrirán todas as tendas do centro comercial, ás 20:00 horas.
Kids Zone
Tamén do 21 novembro ao 1 de decembro todos os nosos pequenos visitantes poderán gozar da nova Kids Zone do Club de Celi, un espazo de xogos onde poderás realizar divertidas actividades de foamball. A Kids Zone estará aberta os venres de 17:00 a 20:30 horas e os sábados de 12:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:30 horas.
Maxia, humor e música
As fins de semana de aniversario en As Cancelas estarán cargados de maxia, humor e música para toda a familia.
O primeiro espectáculo programado, o venres 22 de novembro ás 20:00 horas, é do Mago Teto, un dos máis populares de Galicia grazas ás súas aparicións en televisión.
Os sábados 23 e 30 de novembro e o domingo 1 de decembro, teremos en planta 2 tres sesións vermú con degustación gratuíta de vermú Nordesía e música en directo a cargo dos grupos Soul& Roll (día 23), Os Alcántara (día 30) e Tributo aos 80 (día 1 de decembro).
O humor chegará da man de dúas dos mellores cómicos de Galicia, o consagrado David Perdomo e o emerxente Oswaldo Digón. Perdomo ofrecerá o seu monólogo o sábado 23 ás 20:00 horas. O espectáculo de Digón será o domingo día 1 ás 19:00 horas, xusto tras o aceso da iluminación especial de Nadal.
Black Friday Night
Este ano, as compras do Black Friday alongaranse ata as 11 da noite en As Cancelas. A partires das 20:00 horas do venres 29 de novembro ademais dos descontos das tendas, organizamos obradoiros de moda e beleza, música a cargo de DJs, aperitivos e outras actividades para que goces ao máximo do gran día dos descontos. Acendido de Nadal Ao día seguinte do Black Friday, acenderemos as nosas luces de Nadal ás 19:00 horas coa colaboración dun coro de gospel e o monólogo de humor. Antes do aceso, ás 17:00 horas, Os Kilomberos de Montealto quentarán o ambiente.
Acendido de Nadal
Ao día seguinte do Black Friday, acenderemos as nosas luces de Nadal ás 19:00 horas coa colaboración dun coro de gospel e o monólogo de humor. Antes do aceso, ás 17:00 horas, Os Kilomberos de Montealto quentarán o ambiente cos seus pegadizos ritmos.