Cumpres anos en abril? Regalámosche flores para celebralo!

Publicado o 23 de Marzo de 2020

Coñeces a alguén que cumpra anos en abril? Gustaríache darlle unha sorpresa? É o teu día de sorte! Coa chegada da primaveira, en As Cancelas sorteamos ramos de flores para que regales a esa persoa que está de aniversario no próximo mes de abril. Participa a través das nosas redes sociais seguindo estes sinxelos pasos:

  • Para participar en Facebook:
    • Ser seguidor da páxina de As Cancelas en Facebook.
    • Deixar un comentario na publicación do sorteo recordando a anécdota máis divertida que viviches con esa persoa que cumpre anos en abril.
  • Para participar en Instagram:
    • Ser seguidor da páxina de As Cancelas en Instagram.
    • Deixar un comentario na publicación do sorteo recordando a anécdota máis divertida que viviches con esa persoa que cumpre anos en abril.

Se resultas gañador, enviaremos o ramo de flores á casa desa persoa que cumpre anos en abril. O prazo para participar finaliza o próximo domingo 29 de marzo ás 23:59, e se o fas a través das dúas redes sociais, dobrarás as túas posibilidades de gañar! Moita sorte!

BASES LEGAIS