Convidámosvos á presentación dunha nova edición do libro ‘Paio conta como é a discapacidade intelectual’ de Os Bolechas!
Ven a celebrar o Día do Libro con nos! O venres 26 de abril ás 19.00 horas, nas Cancelas, teredes a oportunidade de gozar da presentación dunha nova edición do libro de Os Bolechas dedicado á discapacidade intelectual, en colaboración con “FADEMGA Plena inclusión Galicia, federación galega de asociacións en favor das persoas con discapacidade intelectual”.
Ademais, non perdas a oportunidade de participar en divertidas actividades infantís con Os Bolechas, da man da ilustradora e facilitador de lectura Raquel Senra Fernández de Árbore Azul. Para rematar a xornada, todos os participantes contribuirán á elaboración dun mural colectivo.
Agardaremos por ti!