Convidámoste a unha exhibición de Capoeira
O venres 22 de setembro ás 21h gozaremos dunha gran exhibición de capoeira, a espectacular mestura de danza e artes marciais de raíz brasileira, na que participarán os mellores mestres de España e Brasil. Da man de Etuhole Capoeira, poderemos gozar da destreza ata 60 participantes que nos mostrarán en directo a beleza e a precisión deste deporte que sempre vai acompañado de música. Coñece a capoeira e anímate a practicar.