Convidámoste a ver o SD Compostela – Coruxo CF!

O Compos volve a xogar na casa e queremos que podas ir a animarlles en vivo e en directo, por iso, prepárate e corre aos nosos perfiles de redes sociais, porque… sorteamos unha entrada dobre para o partido deste domingo 26 de novembro contra o Coruxo CF! Queres conseguila? Todo o que tes que facer é seguir estes pasos:
Requisitos para participar na promoción en Facebook:
- Ser seguidor da páxina de As Cancelas en Facebook.
- Etiquetar a 2 amigos na publicación do sorteo.
Requisitos para participar na promoción en Instagram:
- Ser seguidor da conta de As Cancelas en Instagram.
- Etiquetar a 2 amigos na publicación do sorteo.
Lembra! O prazo para participar remata o venres 24 de novembro as 12h. E, se queres duplicar as túas posibilidades de gañar, participa dende ambas redes sociais!
Gañador: @tonecho_65 (Instagram)