Convidámoste á nosa masterclass de ioga

Coñeces todos os beneficios de levar unha vida yogui? Axuda a relaxarse, reduce o estrés, fai que durmas mellor e incluso mellora a confianza en ti mesmo. Se aínda non probaches o ioga, en As Cancelas dámosche a oportunidade de facelo.
O próximo martes 21 de xuño, celebramos o Día Internacional do Ioga, cunha masterclass de ioga da man de Cristina Fernández, instructora no Club Family Los Tilos. A clase, que será totalmente gratuita, realizarase ás 19h. Queres unirte? Non precisarás inscrición previa!
Ademais, e como queremos que te sintas o máis cómoda posible mentres practicas este fantástico deporte, sorteamos unha tarxeta regalo valorada en 60€ para que consigas os teus básicos imprescindibles de yoga na nosa tenda Oysho. Queres levala para a casa? Só tes que seguir estes pasos:
Requisitos para participar na promoción en Instagram:
- Ser seguidor da páxina de As Cancelas en Instagram
- Etiquetar a 2 amigos na publicación do sorteo.
Tes ata o luns 27 de xuño para participar. Non o podes perder!