Convidámoste á gran festa de Galicia!

Sabías que a Tarta de Santiago é un dos postres galegos con maior recoñecemento internacional? Feita a base de améndoas, azúcre e ovos, é un manxar que podemos atopar ao longo de todo o Camiño de Santiago.
Este ano, para celebrar o Día de Galicia, en As Cancelas queremos poñer en valor este delicioso postre e, por iso, o luns 24 de xullo realizaremos unha degustación para todos os nosos clientes. Para conseguir tu porción, tan só terás que presentar un ticket de compra de calquer importe no Punto de Atención ao Cliente en horario de 11 a 14h e de 17 a 21h. Recorda que as racións de Tarta de Santiago entregaránse ata fin de existencias.
Esta degustación de Tarta de Santiago realízase en colaboración coa empresa de economía social Lamastelle, que conta con máis de 40 anos de experiencia na fabricación de produtos de panadería e pastelería. Esta empresa pertence á sociedade sen ánimo de lucro COGAMI (Confederación de Persoas con Discapacidade) e está comprometida co fomento da integración no mercado laboral de persoas con diversidade funcional.