Consigue os mellores regalos para unha mamá DE 10
O Día da Nai está a volta da esquina e para que todas as mamás o celebren máis guapas ca nunca, en As Cancelas preparamos este ano unha chea de agasallos relacionados coa estética e o benestar. Os días 28, 29 e 30 de abril, todos os tickets por compras de 20€ ou máis realizadas en calquera establecemento do centro comercial poden ter como premio tratamentos de estética, manicuras, pedicuras, sets de beleza e tarxetas regalo para que as mamás gocen dun merecido momento de benestar persoal.
Para participar, tan só hay que trocar os tickets no Punto de Atención ao Cliente e descubrir ao momento se levas un premio directo á casa. Ademais, só por participar poderás conseguir un regalo seguro: unha deliciosa galleta personalizada para o Día da Nai.
Agardámoste!