Consegue un ano de cine gratis CADA DÍA

Prepárate para vivir catro días de cine e premios! Do 19 ao 22 de outubro, participa no MOMENTO WOW de As Cancelas e poderás gañar un ano de cine gratis CADA DÍA.
Como participar?
É moi fácil. Só tes que seguir estes pasos:
- Rexístrate a continuación.
- Preme o botón WOW cada día, do 19 ao 22 de outubro.
- Descubre ao instante se conseguiches unha combinación gañadora!
Que podes gañar?
O premio é unha auténtica pasada: un ano de cine gratis! Poderás gozar dunha Unlimited Card de Cinesa para ir ao cine gratis todos os días do ano.
Como recoller o teu premio?
Se resultas gañador ou gañadora, poderás recoller o teu premio en As Cancelas mostrando o QR.
Non deixes pasar esta oportunidade de celebrar a Festa do Cine dun xeito moi especial. Preme o WOW, proba sorte e prepárate para gozar de moitísimas sesións de cine!
