Consegue coas túas compras a nosa bolsa de tea reutilizable

Publicado o 2 de Xullo de 2020

O vindeiro venres 3 de xullo celébrase o Día Internacional sen Bolsas de Plástico, unha xornada que xorde co obxectivo de concienciar sobre a necesidade de reducir o consumo deste produto para favorecer a preservación do planeta. E como en As Cancelas estamos moi comprometidos co coidado da nosa contorna natural, sumámonos á causa regalando bolsas de tea reutilizables.

Os días 3 e 4 de xullo, presenta un ou varios tickets de compra que somen 15€ ou máis no Punto de Atención ao cliente do centro comercial e levarás unha práctica bolsa de tea realizada en tecido de algodón reciclado. Poderase participar na promoción os días 3 e 4 de xullo de 2020, en horario de 10:30 a 21:00 horas ou ata fin de existencias (500 bolsas de tea).

Axúdanos a conseguir un mundo sen menos bolsas de plástico!

BASES DA PROMOCIÓN