Concurso de Disfraces Entroido 2016
BASES CONCURSO DE ENTROIDO DO CENTRO COMERCIAL AS CANCELAS
- O concurso terá lugar o sábado día 6 de febreiro de 2016 ás 18:00h na planta 2 do Centro Comercial As Cancelas en Santiago de Compostela.
- Os participantes deberán de presentarse polo menos con 30 minutos de antelación ao concurso na mencionada zona para ir preparando a orde de saída do desfile de entroido.
- Poderán participar nenos e nenas que teñan entre 0 e 14 anos.
- Aqueles nenos que non saiban ou poidan andar desfilarán acompañados dalgún dos monitores ou dun familiar seu.
- A inscrición efectuarase na Caseta de información, situado en Planta Baixa do Centro Comercial, desde o venres día 29 de xaneiro ata o venres día 05 de febreiro en horario de 10:30h a 21:45 horas e o sábado día 06 de febreiro desde as 10:30h ata as 16:00h. Tamén poderán inscribirse no propio lugar de celebración do evento de 17 a 18 horas o sábado día 06 de febreiro.
- Non haberá límite de participantes inscritos.
- Só poderán optar ao concurso (OBTENCIÓN DE PREMIOS) aqueles que figuren na mencionada listaxe. Os disfraces que se presenten fose desa lista poderán desfilar ao final do concurso sen optar ao premio.
- Todos aqueles que sexan chamados a desfilar e non o fagan por non atopase nese momento no lugar de celebración do desfile quedarán descualificados do concurso non podendo optar a premios.
- O xurado estará formado por persoal de xerencia e organización do evento.
- Valorarase a simpatía, orixinalidade, innovación e creatividade dos disfraces.
- Existirá unha categoría única.
- Repartiranse 4 premios: premio ao mellor disfrace, o premio ao disfrace máis orixinal, premio á mellor interpretación e premio ao máis simpático.
- Os premios serán os seguintes:
– Mellor disfrace: Nintendo 2DS + xogo Tomodachi life
– Máis orixinal: Scalextric compact max speed
– Mellor interpretación: Princesa Sofía e Raíña Elsa de Frozen
– Máis simpático: Minion interactivo (Rock n´roll Stuart. - Os premios non poderán ser trocados polo seu valor en metálico en ningún caso.
- O uso dos datos persoais dos participantes por parte do Centro, será exclusivamente para xestionar a súa participación no desfile, e no seu caso a entrega do premio se resulta gañador. A información para os efectos de cumprimento da Lei Orgánica 15/1999 do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, seralle entregada a todos os participantes ou os seus representantes legais ao tempo da inscrición.
- Todas aquelas fotos realizadas durante a celebración do concurso poderán ser utilizadas polo Centro comercial nos seus diferentes perfís de redes sociais.O Centro Comercial resérvase o dereito de calquera modificación ou cambio do programa establecido nestas condicións para o Entroido 2016.