Concurso algo non encaixa
Con motivo da celebración da mostra “Un Paseo pola Historia” queremos celebrar un concurso para facer aínda máis interactiva a exposición.
Escondemos nun das oito escenografías un elemento que está fóra de lugar, un anacronismo que debes atopar. Para demostrar que o atopaches pedímosche que te saques un selfie nesa escenografía ou unha foto dela e envíesnola nun e-mail a concurso@ascancelas.es indicándonos os teus datos persoais (Nome, apelidos e DNI) e cal é o obxecto que está fóra de lugar. Tes ata o 20 de marzo para atopalo.
Entre todos os que acertedes realizaremos un sorteo dun reloxo Lotus.
Boa sorte a tod@s!