Como cambiamos, unha exposición para recordar

As televisións en branco e negro, a EGB, o Seat 600, os Xogos Reunidos, o tambor de deterxente… Non hai tanto tempo aínda formaban parte da nosa vida e agora lembrámolos cun sorriso, por iso, do 20 de marzo ao 20 de abril en As Cancelas ofrecémosvos unha exposición gratuíta para que os maiores exerciten a nostalxia e os máis novos descubran como era o día a día dos anos 50, 60, 70 e 80.
A mostra ‘Como cambiamos’ expón nas tres plantas do centro comercial máis de 10 coidadas escenografías que reflicten a vida cotiá destas décadas non tan afastadas -as vacacións na praia, o cámping, o servizo militar- así como vehículos clásicos da época: os dous cabalos, o seiscentos, o popular Renault 4 latas, o Citroën quenlla…
Tamén haberá obxectos e utensilios de fogar que desapareceron das nosas casas, como os tambores de deterxente, as latas de Cola Cao ou os radiocasetes, e outros que evolucionaron tanto que os máis novos non saberían nin usalos, como os teléfonos, as primeiras videoconsolas e os computadores de primeira xeración.
A moda, o cinema, a música e a televisión da época tamén estarán presentes na exposición, e ademais, haberá unha escenografía especial dedicada á cidade de Santiago, con recordos e obxectos que reflectirán a historia cotiá da capital compostelá no século pasado.
Para completar esta nostálxica mostra, cada semana teremos nas nosas redes sociais divertidos concursos nos que regalaremos fantásticos premios, e ademais, ofreceremos visitas guidas totalmente gratuítas para os centros escolares interesados en visitar a exposición. Os colexios que queiran reservar unha das visitas guiadas poderán facelo no teléfono 981 568 282 ou enviando un correo á dirección info@ascancelas.es.
Agardámoste!