Comida para persoas celíacas en Cambalache Santiago
Desde o Centro Comercial As Cancelas estamos comprometidos coa túa alimentación e coa túa saúde. Unha das reclamacións dos nosos usuarios é a presenza de menús para celíacos nos restaurantes da nosa planta 2. Nesta ocasión, ímosche a presentar algunhas opcións para que, se es celíaco, poidas comer de maneira sa e segura durante a túa estancia en Santiago de Compostela.
A enfermidade celíaca (coñecida polas siglas EC) consiste nunha intolerancia, de carácter permanente, na cal a persoa que a padece non pode inxerir glute do trigo, cebada, centeo e, probablemente, avena. Debido a isto, son moitos os celíacos que non poden comer alimentos en supermercados, superficies de gran consumo, bares, restaurantes, etc. Deste xeito, as persoas que sofren a enfermidade celíaca ven limitadas nas súas posibilidades á hora para comer. Ademais, os celíacos deben seguir unha dieta estrita sen glute durante toda a vida. Para iso, teñen que comer alimentos como legumes, carnes, peixes, ovos, froitas, verduras, hortalizas e cereais sen glute.
Con todo, en As Cancelas si podes comer menús especializados para celíacos. Por exemplo, o restaurante do noso Centro Comercial Cambalache ten dispoñibles menús para celíacos. Así, Cambalache ofréceche pizzas e pastas adaptadas para ti. Tes pizzas de xamón e queixo, catro queixos ou bonito e mozzarella, ademais de pastas, como é o caso dos espaguetis e os macarróns. Así que, non o esquezas, se es celíaco, nas Cancelas podes comer san e tranquilo.
Infórmate ademais dos talleres infantís de Cambalache, onde durante 90 minutos os nenos, supervisados, traballarán na cociña cun ingrediente principal. O reto é que cada neno cre a súa propia pizza. Trátase de que o neno sexa o protagonista.
Coñece as nosas tendas especializadas en restauración na nosa planta 2: restaurante, pizzerías, cafeterías, cervecerías, etc.
Esperámoste en Santiago de Compostela.