Cine en Cinesa As Cancelas: Anacleto Agente Secreto
Como sempre, tes cine no Centro Comercial As Cancelas. Os cines de Cinesa As Cancelas están dispoñibles para ti na segunda planta do centro comercial. Nesta ocasión, falámosche da estrea da película Anacleto: Agente Secreto. Trátase dunha película española do xénero de comedia, a cal conta coa dirección de Javier Ruiz Caldera e cos actores Alexandra Jimenez, Carlos Areces, Imanol Arias, Quim Guitiérrez e Rossy De Palma.
O argumento do filme é o seguinte: Adolfo, un treintañero que traballa como axente de seguridade, encóntrase en apuros. En primeiro lugar, déixao a súa noiva de toda a vida por ser, segundo ela, un home sen ambición. En segundo lugar, convértese no obxectivo dunha serie de matóns liderados por Vázquez, un criminal recén saído de prisión. Finalmente, en terceiro lugar, Adolfo descobre que o seu pai ten unha dobre identidade. En lugar de ser un home de campo dedicado á produción de embutidos, resulta ser Anacleto, un axente secreto vido a menos, o cal, casualmente, foi o encargado de encerrar a Vázquez hai trinta anos. Polo tanto, Adolfo verase obrigado a colaborar co seu pai para sobrevivir á vinganza de Vázquez. Ademais, intentará recuperar a súa noiva.
A estrea da película ten lugar o 4 de setembro de 2015 nos cines Cinesa As Cancelas. Os horarios, para o día da estrea e a fin de semana adxunta, son os seguintes:
VENRES, 04/09
Sala iSens / Dixital
16:05 horas / 18:25 horas / 20:30 horas / 22:30 horas / 00:30 horas
SÁBADO, 05/09
Sala iSens / Dixital
16:05 horas / 18:25 horas / 20:30 horas / 22:30 horas / 00:30 horas
DOMINGO, 06/09
Sala iSens / Dixital
12:15 horas / 16:05 horas / 18:25 horas / 20:30 horas / 22:30 horas
Esperámoste en As Cancelas.