Cinco anos, cinco coches
Parece que foi onte pero fai xa cinco anos que abrimos as nosas portas para ofrecer o mellor espazo de ocio e compras a todos os residentes de Santiago e a súa área metropolitana. Queremos celebrar contigo unha cifra tan redonda, por iso, este novembro celebraremos un gran sorteo de cinco coches Toyota Aygo entre todos os nosos clientes.
Poderán participar todas as persoas que realicen compras no centro comercial entre o venres 17 de novembro e o venres 8 de decembro (ambos incluídos) e trocan os seus tiques de compra no stand situado na primera planta (frente a Stradivarius).
Por cada tique de 20 euros de compra obterase unha participación para o gran sorteo do quinto aniversario de As Cancelas; por cada tique de 40 euros obteranse dúas participacións e tres por cada tique de máis de 60 euros, ata un máximo de tres participacións por tique.
O stand permanecerá aberto no horario de 11 a 14 horas e de 16 a 21 horas desde o venres 17 de novembro ata venres 8 de decembro de 2017, excepto aqueles festivos de non apertura e do comezo da promoción, que será o venres 17 de novembro a partir das 16 horas.
O gran sorteo dos cinco vehículos, realizarase o sábado 9 de decembro no centro comercial ás 20h. Ti poderías ser un dos gañadores. Participa!