Chuvia de premios para que setembro non che custe

Publicado o 5 de Setembro de 2019

 

A volta ao cole, o regreso de vacacións e as compras da nova tempada son máis fáciles en As Cancelas porque entre o 6 e o 21 de setembro lanzamos unha nova promoción coa que repartiremos máis de 1.800 euros en tarxetas regalo entre todos os nosos visitantes. Apúntaste?

Para participar na campaña, só será necesario facer algunha compra de máis de 10€ en calquera dos nosos establecementos (agás a tenda de telefonía R e Mayoral), e é que cos teus tickets de compra deste valor ou superior, entregarase unha tarxeta de xogo cun código para validar nos terminais electrónicos situados na planta baixa.

Unha vez introducido o código no terminal, saberás ao momento se es premiado cunha tarxeta regalo de 10€ ou 20€ para gastar nas tendas de As Cancelas. Só se admitirá un ticket de compra por persoa e día.

Pero ademáis dos premios directos, ao finalizar a campaña, realizarase un sorteo dunha tablet Samsung de última xeración e unha smart TV de 43 pulgadas entre todas as persoas que canxeen o seu código nos terminais.

Vén a probar sorte, para que setembro non che custe!

BASES LEGAIS